Tuesday 14 de May de 2024

Ovidio Rodeiro destaca o valor da campaña ‘Vai de peixe’ para animar aos ‘millennials’ a consumir produtos do mar


 

O delegado territorial da Xunta, Ovidio Rodeiro, visitou o tráiler da campaña Vai de peixe que hoxe continúa o seu percorrido no Campus de Ferrol. Ovidio Rodeiro destacou a importancia desta iniciativa impulsada pola Xunta de Galicia a través da Consellería do Mar para animar ás persoas da franxa de idade de entre 18 e 35 anos a que aproveiten máis e mellor dos produtos do mar, esenciais nunha alimentación equilibrada e saudable.

Vai de peixe é a primeira campaña de España destinada especificamente a impulsar o consumo dos produtos do mar e da acuicultura entre a xeración millennial.

Mediante unha estratexia baseada na promoción dixital a través da web https://vaidepeixe.xunta.gal/ e redes sociais (Instagram e canle de Youtube), esta iniciativa busca fomentar hábitos de alimentación saudable e promover un consumo frecuente de peixe e marisco nesta franxa de idade para concienciar da importancia dunha nutrición equilibrada. Durante o curso académico 2019 – 2020, Vai de peixe tamén levará a cabo unha serie de accións destinadas á difusión de información dos produtos pesqueiros, así como de receitas sinxelas e adaptadas ao estilo de vida millennial, entre elas o percorrido do tráiler da campaña polas zonas universitarias e/ou estudantís de Galicia.